3-IDADE DAS PELES
Coa chegada do outono, o problema de vestirse converteuse nun serio problema.
Xurdiu así a idea de usar a pel dos bichos que cazaban para comer.
En definitiva esta situación de espir a uns bichos para vestir a outros, é o que deu orixe á célebre frase "hai que espir un santo para vestir outros".
Hai que ser xustas, tamén de acordo ao modelo, sería necesario un bicho máis grande ou máis pequeno ao cal lle pedir prestada a pel...
Ben, é necesario aclarar tamén, que aínda que o deseño fóra parecido, tiña mérito tamén o modelo....
O deseño dos modelitos era bastante sinxelo, o que daba en realidade variedade á vestimenta era o material, ou sexa igual que nas peletarías de hoxe en día, os modelos son parecidos, solo cambia ao bicho ao que se matou para facer o abrigo.
Todo isto lévanos á grande conclusión de que as cousas non cambiaron demasiado para algunhas mulleres ....ou no??????
60 mink
20 londras
54 visóns
42 raposos vermellos
50 raposos prateados
18 linces
16 coiotes
15 castores
Para pensar no?????
O tema da vestimenta de peles carrexaba dous problemas....
A pel do animal que cubría os ombros, estorbaba nalgúns movementos e deixaba parte do corpo ao descuberto.
Polo tanto, era necesario darlle unha forma, mesmo carecendo nun principio de medios para iso.
O segundo problema estaba en que as peles dos animais, ao secarse. endurecíanse e resultaban insoportables.
Había que atopar algún método para facelas suaves e flexibles.
O procedemento máis sinxelo era unha laboriosa mastigación (cousa que facían al mulleres).
Outro método consistía en humedecer a pel e golpeala cun mazo repetidamente, logo de eliminar os restos de carne que puidesen quedar adheridos a ela.
A estas peles xa preparadas podíanse cortar e dar forma; chegando así un dos grandes avances tecnolóxicos da historia da humanidade, comparable en importancia á invención da roda ou ao descubrimento do lume: a invención da agulla
Este invento permitiu coser unhas peles con outras e facelas axustadas ao corpo.
a todo tipo de corpos.......
para elas....e para eles......
é así como foi mudando a forma de usar as peles, aos poucos..., para cubrirse do frío.......
e moito mais.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario